Choque múltiple cunha persoa ferida en Moaña

Choque múltiple cunha persoa ferida en Moaña
Choque múltiple cunha persoa ferida en Moaña

Ocorreu na PO-551, concretamente no punto quilométrico 31, ao redor das 12:15 horas de onte

Unha colisión ocorrida en Moaña entre dous coches e un camión saldouse cunha persoa ferida, que tivo que ser evacuada ao Hospital Povisa. 

Ocorreu na PO-551, concretamente no punto quilométrico 31, ao redor das 12:15 horas de onte.

Desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención, tras recibir a alerta a través dunha persoa particular, do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Morrazo, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Moaña. 

Ademais, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Vigo e do servizo de mantemento da estrada.

Comentarios