Accidente entre dous coches en Ponte Caldelas

Accidente entre dous coches en Ponte Caldelas
Accidente entre dous coches en Ponte Caldelas

O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 10,800 da PO-532, uns minutos antes das 17:00 horas de onte

Unha menor tivo que ser atendida polos servizos sanitarios despois de producirse unha colisión entre dous turismos en Ponte Caldelas.

O sinistro tivo lugar no punto quilométrico 10,800 da PO-532, uns minutos antes das 17:00 horas de onte.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do sucedido e, decontado, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Morrazo e ao servizo de mantemento da vía.

Comentarios