Unha menor trasladada despois dun incendio nunha vivenda en Pontevedra

Unha menor trasladada despois dun incendio nunha vivenda en Pontevedra
Unha menor trasladada despois dun incendio nunha vivenda en Pontevedra

Os feitos sucederon na rúa de Simón Bolívar, no número 1, ao fío das 21:20 horas

Un incendio declarado onte nunha vivenda en Pontevedra provocou que unha menor tivese que ser evacuada ao Hospital Provincial ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume. 

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume afectou á instalación eléctrica da casa e a causa que o orixinou foi un curtocircuíto.

Os feitos sucederon na rúa de Simón Bolívar, no número 1, ao fío das 21:20 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do incendio.

A partir de aí, ata o lugar do suceso desprazáronse os Bombeiros de Pontevedra, a Policía Local, membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra e efectivos do 061-Urxencias Sanitarias.

Comentarios
Lo más