Música e obradoiros no Festival BateBatuke

Música e obradoiros no Festival BateBatuke
Música e obradoiros no Festival BateBatuke

Durante os días 31, 1 e 2 volve a Compostela o festival organizado por Trópico de Grelos cunha programación variada para tódolos públicos

O festival BateBatuke da asociación cultural Trópico de Grelos chega á sua XI edición durante os días 31 de maio y 1 y 2 de xuño 2019 cunha programación chea de actividades e propostas pensadas para todas as idades.

Por primeira vez, o BateBatuke en colaboración coa Asociación de Veciños Raigame e o Concello de Santiago, abre cunha tocata na zona nova o venres 31 de maio ás 18:30 na Praza de Ponte Castro con percorrido por varias rúas do barrio e rematando na Praza Roxa. Intervención na que participa a batucada Sambiosis chegada dende Granada, para que a música, o ritmo e a alegría inunden as rúas do ensanche.

O obradoiro de percusión abre a xornada do sábado, que este ano imparte Huberto Morales, músico de recoñecida traxectoria, actual endorse en Timbra Percussion e director artístico de proxectos como Escola Fortaleza entre otros. A tarde continúa chea de actividades e espectáculos presentados polo artista de circo Isla Le Triska, quen dará paso á mostra do alumnado da Escola Prucupá de Trópico de Grelos, a actuación de Escola Fortaleza e o Bloquinho Aperta (Vigo). Intercalando estas actuacións, o festival contará coa presencia de asSircópatas e a súa proposta de circo, así como xogos infantís para o público máis pequeno.

Pola noite, a festa tropical continúa con máis programación musical en directo, este ano con concertos a ritmo de rock y funk con Radio Zappa y FUME, actuación da batucada Sambiosis (Granada) e para rematar unha sesión Dj a cargo de Maracumango.

O domingo o festival culmina cun gran pasarrúas que este ano forma parte da programación das festas da Ascensión, dende a Praza de Platerías ás 13:30h ata á Praza do Toural, no que participan os asistentes ó obradoiro do sábado, percorrendo as preciosas rúas compostelana e enchéndoas de ritmo, música e ledicia.

Como proxecto cultural o BateBatuke é unha das iniciativas levadas a cabo pola Asociación Cultural Trópico de Grelos, que aproveitando o final de curso da súa escola de percusión, a Escola Prucupá, persigue a visibilización dunha comunidade crecente unida en torno á percusión brasileira. O carácter multidisciplinar, participativo e interxeracional do festival convérteno nun referente, dentro do seu xénero, en todo o noroeste da península, que incrementa de ano en ano a súa afluencia de público.

Comentarios