Unha persoa liberada despois de saírse da vía o turismo no que circulaba en Vedra

Unha persoa liberada despois de saírse da vía o turismo no que circulaba en Vedra
Unha persoa liberada despois de saírse da vía o turismo no que circulaba en Vedra

Unha vez no lugar do accidente, os efectivos desprazados liberaron á vítima para que fose atendida polo persoal sanitario

Unha persoa precisou ser liberada polos servizos de emerxencia ao rematar fóra da vía o coche no que viaxaba. Sucedeu en Vedra, concretamente no punto quilométrico 0 da AC-8203, uns minutos antes das 16:40 horas.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro e axiña, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasou o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, ao GES da Estrada e aos Bombeiros de Ordes.

Unha vez no lugar do accidente, os efectivos desprazados liberaron á vítima para que fose atendida polo persoal sanitario.

Tamén, desde o CIAE 112 Galicia alertouse do ocorrido aos Bombeiros de Santiago.

Comentarios
Lo más