Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas a causa dun accidente múltiple en Arteixo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas a causa dun accidente múltiple en Arteixo
Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas a causa dun accidente múltiple en Arteixo

Foron varios os condutores que, sobre ás 07:00 horas, contactaron co 112 Galicia

Unha persoa faleceu nun accidente acontecido esta mañá a causa dun accidente no que se viron implicados cinco vehículos. O suceso rexistrouse a un quilómetro da saída de Paiosaco, sentido A Coruña, da AG-55 en Arteixo. Ademais, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a outras tres persoas que tamén resultaron feridas na colisión.

Foron varios os condutores que, sobre ás 07:00 horas, contactaron co 112 Galicia. Informaban dun accidente entre cinco vehículos e cunha persoa posiblemente atrapada debaixo dun dos turismos.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia solicitouse de contado a colaboración dos Bombeiros de Arteixo e de Carballo. Tamén, acudiron ata ao lugar os servizos sanitarios de urxencia e a Garda Civil de Tráfico, así como, os axentes da Policía Local e de Protección Civil da localidade.

Pola súa banda, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias confirmaron o trasladao dos tres feridos que presentaban lesións de diversa consideración.

Ademais, foi necesaria a mobilización do persoal do servizo de mantemento da autoestrada para a limpeza da vía polos danos causados.

Comentarios