Pilar Pallarés e Antón Lopo reciben hoxe os Premios da Crítica 2018 en poesía e narrativa

Pilar Pallarés e Antón Lopo reciben hoxe os Premios da Crítica 2018 en poesía e narrativa
Pilar Pallarés e Antón Lopo reciben hoxe os Premios da Crítica 2018 en poesía e narrativa

Estes recoñecementos veñen entregándose pola Asociación Española de Críticos Literarios dende 1956, premiando obras tanto en castelán como en galego, éuscaro e catalán

O Ateneo de Santiago e a Asociación Galega da Crítica (AGC) celebrarán hoxe ás 20.00 horas na sede de Afundación de Santiago, sita na Rúa do Vilar, 19, os Premios da Crítica 2018. Nesta ocasión estes galardóns serán outorgados aos autores Pilar Pallarés e Antón Lopo, en poesía e narrativa, respectivamente, polo poemario Tempo fósil e a novela Extraordinario.

Estes recoñecementos veñen entregándose pola Asociación Española de Críticos Literarios dende 1956, premiando obras tanto en castelán como en galego, éuscaro e catalán. O fallo desta edición deuse a coñecer en Vilafranca do Bierzo o pasado día 6 de abril.

O acto contará coa presentación das publicacións por parte de Carme Fernández-Pérez Sanjulián e Ana Romaní, así como coa intervención dos premiados e unha introdución por parte dos Presidentes da Asociación Galega da Crítica Mario Regueira e do Ateneo de Santiago Salvador García-Bodaño.

Comentarios
Lo más