Un home resultou ferido ao bater co seu chimpín contra unha árbore en Teo

Un home resultou ferido ao bater co seu chimpín contra unha árbore en Teo
Un home resultou ferido ao bater co seu chimpín contra unha árbore en Teo

Os feitos aconteceron ás 11 horas de hoxe, tal e como indicou o veciño que se puxo en contacto co 112 Galicia para pedir asistencia médica para un home que acababa de sufrir un accidente co seu chimpín

O condutor dun chimpín resultou ferido de consideración tras sufrir un accidente no lugar de Lamas, en Teo.

Malia a mobilizarse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, o ferido puido ser, finalmente, trasladado en ambulancia.

Os feitos aconteceron ás 11 horas de hoxe, tal e como indicou o veciño que se puxo en contacto co 112 Galicia para pedir asistencia médica para un home que acababa de sufrir un accidente co seu chimpín. Decontado, o persoal do 112 Galicia avisou aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que enviaron á zona un equipo a bordo do helicóptero medicalizado. Sen embargo, o estado do paciente fixo posible a evacuación en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Como apoio aos servizos sanitarios de urxencia, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos membros do equipo local de Protección Civil e informouse aos axentes da Policía Local e da Garda Civil.

Comentarios