Colisión múltiple en Ordes

Colisión múltiple en Ordes
Colisión múltiple en Ordes

Os axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos de protección Civil tamén foron informados do accidente polo 112 Galicia

Sobre as 15:30 horas, unha persoa particular informou ao 112 Galicia dun choque entre tres vehículos, na estrada que une os concellos de Ordes e Cerceda, á altura de Mercurín. 

Ata o lugar desprazáronse ademais dos servizos sanitarios, os Bombeiros de Ordes, que aínda que non tiveron que excarcerar, si axudaron na evacuación dunha persoa que resultou ferida e tivo que ser trasladada polos profesionais sanitarios.

Os axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos de protección Civil tamén foron informados do accidente polo 112 Galicia.

Comentarios