Hoxe sorteanse as prazas para o programa "Vive o verán" na rede de Centros Cívico

Hoxe sorteanse as prazas para o programa "Vive o verán" na rede de Centros Cívico
Hoxe sorteanse as prazas para o programa "Vive o verán" na rede de Centros Cívico

A concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta dos datos de inscricións no programa Vive o verán, nas tres modalidades ofertadas este ano

Hoxe venres celebrarase o sorteo público das prazas para participar no programa Vive o verán da rede de Centros Cívicos, unha vez que o número de inscricións superou amplamente a demanda existente. O sorteo será a partir das 11:30 horas no Centro Cívico de Santa Marta e estará aberto á cidadanía que queira presencialo.

A concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta dos datos de inscricións no programa Vive o verán, nas tres modalidades ofertadas este ano. Como vén acontecendo, a maioría das solicitudes rexistráronse para os centros cívicos urbanos, cun total de 275 para as 150 prazas dispoñibles. En concreto, en Santa Marta houbo 91 inscricións; en Conxo, 71; en Vite, 50; no Ensanche, 32; e en Fontiñas, 31 inscricións A maior demanda é na franxa de 4 a 6 anos.

Nos centros cívicos do rural rexistráronse 105 nenos e nenas para 100 prazas. Delas, na Gracia houbo 37 inscricións; en Marrozos, 24; en Nemenzo, outras 24; e en Figueiras, 20 inscricións.

Aínda quedan prazas para a terceira das ofertas do programa Vive o verán, as actividades da carballeira de San Lourenzo que se desenvolverán en agosto e que están dirixidas a rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos. As actividades desenvolveranse de luns a venres, en horario de 11:00 a 13:30 horas, e estarán vencelladas ao descubrimento do espazo natural.

Comentarios
Lo más