Despliegue de medios no Grove pola caída á auga de catro persoas

Despliegue de medios no Grove pola caída á auga de catro persoas
Despliegue de medios no Grove pola caída á auga de catro persoas

Unha vez mobilizados os medios, media hora despois, o alertante comunicou ao 112 que as persoas saíran polos seus propios medios da auga

Sobre as 23:15 horas de onte, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia dun suceso. Un particular, chamou ao 112 para alertar de que catro persoas se botaran a auga na ría do Grove, concretamente, na parroquia pontevedresa de San Martiño.

A partir de aí, o persoal do 112 Galicia pasou aviso de inmediato a Salvamento Marítimo, que mobilizou o helicóptero Pesca 1 e unha embarcación para a procura das persoas. Do mesmo xeito, informou dos feitos ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos servizos sanitarios de urxencia, así como, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e a dos membros do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Unha vez mobilizados os medios, media hora despois, o alertante comunicou ao 112 que as persoas saíran polos seus propios medios da auga, polo que tras comunicar a nova a Salvamento Marítimo, anuláronse os medios de rescate.

Finalmente, a Garda Civil confirmou aos xestores de emerxencias que as persoas estaban a salvo e descartaron a asistencia sanitaria.

Comentarios