A Praza de Abastos de Santiago volve a solidarizarse coa Plataforma veciñal Mina Touro-Pino Non

A Praza de Abastos de Santiago volve a solidarizarse coa Plataforma veciñal Mina Touro-Pino Non
A Praza de Abastos de Santiago volve a solidarizarse coa Plataforma veciñal Mina Touro-Pino Non

A Praza de Abastos é un lugar especial pola empatía e solidaridade coa nosa loita que recibimos tanto da Dirección como dos praceiros e praceiras

Membros da “Plataforma veciñal Mina Touro-Pino Non”, acompañados da actriz Isabel Risco, achegáronse este sábado día 1 de xuño para apoiar a colocación dunha pancarta na Praza de Abastos de Santiago na que se pode ler un texto en solidaridade coa súa loita: “Produtos da Praza: das nosas terras e rías, non permitamos que os vertidos contaminantes os fagan desaparecer. Solidaridade coa plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non”. Acompañará así á outra pancarta que xa lucía neste lugar tan principal de Santiago, osegundo máis visitado da cidade.

A Praza de Abastos é un lugar especial pola empatía e solidaridade coa loita que reciben tanto da Dirección como dos praceiros e praceiras. A Plataforma veciñal Mina Touro-O Pino Non loita contra a reapertura e ampliación dunha mina de cobre a ceo aberto nestes dous concellos moi próximos a Santiago. Ambos pertencen a unha comarca, a de Arzúa, moi vinculada ao sector primario, xa que este sector aporta máis da cuarta parte da riqueza creada (26% do PIB comarcal, segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística), un dato que case quintuplica ao galego. Ademáis, as afiliacións á Seguridade Social no sector primario supoñen case un 20% do total de afiliados residentes na comarca, un valor que triplica a media galega. 

Ambos datos dan idea da importancia e vitalidade deste sector na comarca. De saír adiante, o proxecto suporía un grave risco para o modo de vida dos veciños, tamén para a súa calidade de vida e a do medioambiente que os rodea. Porque ese risco non se limita ao entorno máis próximo senón que se cerne augas abaixo sobre a riqueza marisqueira da ría de Arousa. 

Históricamente os concellos da contorna de Santiago constitúen a despensa natural da cidade, e a venda destes produtos de calidade e proximidade ven estando tradicionalmente ligada á Praza de Abastos. A calidade dos nosos produtos da terra e do mar é un tesouro que está por riba de toda discusión, é a razón de ser de lugares como A Praza e tamén o modo de vida de moitos dos nosos veciños. Non debemos permitir que se poña en risco.

Comentarios