Requisan máis de 1.500 paquetes de tabaco en Marín

Requisan máis de 1.500 paquetes de tabaco en Marín
Requisan máis de 1.500 paquetes de tabaco en Marín

A inspección do pesqueiro, procedente de países de fóra da Unión Europea, tivo lugar o xoves e forma parte dos controis regulares establecidos polas autoridades fiscais

Un total de 1.500 paquetes de tabaco de contrabando foron incautadas nun barco pesqueiro inspeccionado no porto pontevedrés de Marín, informou a Garda Civil nun comunicado.

A inspección do pesqueiro, procedente de países de fóra da Unión Europea, tivo lugar o xoves e forma parte dos controis regulares establecidos polas autoridades fiscais.

Durante a inspección, cuxa finalidade era o recoñecemento de equipaxe e partes comúns dos buques, axentes da Garda Civil acharon tres caixas con 1.500 paquetes de tabaco sen declarar almacenadas na adega.

Os axentes procederon a incautarse da mercadoría e da embarcación tras iniciar un expediente sobre presunta infracción por contrabando.

Comentarios