Ferido de gravidade un mozo ao ser atropelado por un tractor en Sobrado

Ferido de gravidade un mozo ao ser atropelado por un tractor en Sobrado
Foto de arquivo
Ferido de gravidade un mozo ao ser atropelado por un tractor en Sobrado

Unha persoa particular foi quen, pasados dez minutos das 19:30 horas da tarde do sábado, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda

Un mozo resultou ferido de gravidade despois de ser atropelado por un tractor nunha finca particular, no lugar de Vallo, no concello coruñés de Sobrado.

Ata o lugar acudiron os Bombeiros de Arzúa, que segundo indicaron, tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar ao ferido ao quedar atrapado baixo a máquina agrícola. Así mesmo, debido á gravidade das lesións ocasionadas, os profesionais sanitarios comunicaron ao 112 Galicia que un helicóptero medicalizado tamén se desprazaba ao punto. Así, nada mais ser liberado, a aeronave trasladou ao ferido ata o centro hospitalario de referencia.

Unha persoa particular foi quen, pasados dez minutos das 19:30 horas da tarde do sábado, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Solicitaba unha ambulancia para un mozo que fora atropelado por un tractor nunha finca e que estaba  atrapado.

A partir de aí, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Arzúa e dos membros do GES de Curtis. Así mesmo, os xestores de emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil.

Comentarios