Un incendio nun pazo en Piñor deixa danos materiais no seu interior

Un incendio nun pazo en Piñor deixa danos materiais no seu interior
Un incendio nun pazo en Piñor deixa danos materiais no seu interior

A chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia minutos despois das 00:00 horas puxeron en alerta aos servizos de emerxencia

Dous pisos dun pazo situado no lugar de Reda, na parroquia ourensá de San Mamede da Canda, víronse afectados por un incendio que orixinouse no baixo do inmoble esta madrugada. Non houbo que lamentar danos persoais.

A chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia minutos despois das 00:00 horas puxeron en alerta aos servizos de emerxencia. Tras ser informados polos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, os Bombeiros do Carballiño puideron extinguir as lapas que consumiron dúas estancias na parte baixa do edificio e un salón localizado enriba destas.

Os servizos sanitarios, a Garda Civil e os membros de Protección Civil da localidade tamén foron informados.

Comentarios
Lo más