Seis persoas feridas nunha colisión entre dous turismos en Arteixo

Seis persoas feridas nunha colisión entre dous turismos en Arteixo
Seis persoas feridas nunha colisión entre dous turismos en Arteixo

O sinistro ocorreu ao redor das 20:40 horas no punto quilométrico 7 da AC-552

Seis persoas precisaron asistencia médica a pasada tarde en Arteixo despois de producirse un choque entre dous turismos. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, cinco das seis persoas feridas no accidente tiveron que ser trasladadas a un centro médico.

O sinistro ocorreu ao redor das 20:40 horas no punto quilométrico 7 da AC-552. Unha persoa particular púxose en contacto co 112 Galicia para alertar dos feitos.

Acto seguido, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriuse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, do Servizo Municipal de Protección Civil, do servizo de mantemento da estrada e dos Bombeiros de Arteixo.

Comentarios