Ferido de gravidade un motorista nun accidente en Maceda

Ferido de gravidade un motorista nun accidente en Maceda
Ferido de gravidade un motorista nun accidente en Maceda

O home ferido foi evacuado nunha ambulancia a un centro hospitalario

En Maceda, un home resultou ferido grave ao saírse da vía a moto na que circulaba. Sucedeu ao fío das 19:00 horas nas proximidades do Alto do Rodicio, na OU-536.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para dar conta do sinistro e, nada máis ter constancia, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, ao GES do Pereiro de Aguiar, aos Bombeiros de San Cibrao das Viñas, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Maceda e ao servizo de mantemento da vía.

Finalmente, o home ferido foi evacuado nunha ambulancia a un centro hospitalario.

Comentarios