O Defensor del Pueblo asegura que a Xunta non exerceu control sobre a contaminación na mina de Touro

O Defensor del Pueblo asegura que a Xunta non exerceu control sobre a contaminación na mina de Touro
O Defensor del Pueblo asegura que a Xunta non exerceu control sobre a contaminación na mina de Touro

Antón Sánchez: "Reiteramos a petición de carpetazo definitivo para o proxecto da mina de Touro por ser inviable ambientalmente e perigoso para as persoas"

O Defensor del Pueblo vén de emitir un informe a partir dunha queixa veciñal, no que se recoñece que os informes de avaliación para reabrir a mina de Touro son incompletos e reclama novos informes a Augas de Galicia e a restauración dos terreos contaminadas ante unha eventual nova concesión. 

Para Antón Sánchez, "o informe do Defensor del Pueblo amósanos unha vez máis a tolerancia  e a connivencia da Xunta coa empresa mineira e coa contaminación producida nos últimos anos dende o peche da antiga mina de Touro, a falta de vixilancia e de sancións. A actitude do Executivo autonómico foi, para o vicevoceiro parlamentario de En Marea, a de "mirar cara a outro lado" mentres a empresa mineira contaminaba. 

Por outra banda, as conclusións do informe do Defensor do Pueblo, son para En Marea unha evidencia das facilidades que trata de dar o goberno galego para a tramitación do proxecto de reapertura da mina. "O Defensor do Pueblo di moi claramente que, de ter a vontade de facer este proxecto, á empresa tería que outorgárselle unha nova concesión e proceder a unha nova avaliación ambiental estratéxica sobre ese proxecto, pois ten unha dimensión e uns cambios extraordinarios".

En consecuencia, Antón Sánchez reitéralle á Xunta de Galicia que "dunha vez por todas lle dea o carpetazo ao proxecto da mina de Touro por ser inviable ambientalmente e ser perigoso para as persoas e para o noso futuro". 

Comentarios
Lo más