Afundación propón cine mudo con música en directo para comezar as actividades de xuño de "Sonoro empeño"

Afundación propón cine mudo con música en directo para comezar as actividades de xuño de "Sonoro empeño"
Afundación propón cine mudo con música en directo para comezar as actividades de xuño de "Sonoro empeño"

Os músicos Lois Carlín e Pablo Seoane acompañarán con música en directo as proxeccións de clásicos do cine mudo de Buster Keaton

No marco do proxecto multidisciplinar Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación, ABANCA e Afundación organizaron unha extensa programación de actividades complementarias en Santiago de Compostela.

Mañá martes 28 de maio finalizará o ciclo de cinema Sonoro empeño coa proxección da película El profesor de violín a partir das 20.00 h no Centro Obra Social ABANCA. 

Xa no mes de xuño a programación continuará cunha actividade que fusiona o cinema coa música. Os músicos Lois Carlín e Pablo Seoane, con teclados, un sintetizador e un contrabaixo, poñerán a banda sonora a clásicos do cinema mudo de Buster Keaton, como son El maquinista de La General (The General) e El fotógrafo (The cameraman). Así, os asistentes poderán gozar dunha maneira diferente da sétima arte. Esta actividade terá lugar en dúas sesións os días 4 e 18 de xuño, a partir das 20.00 h no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela. 

Para rematar as actividades do mes de xuño, o venres 21 Samuel Diz ofrecerá un concerto de guitarra acompañado dunha mezzosoprano, e o mércores 26 a poeta Estíbaliz Espinosa realizará a intervención poético-musical Xenias e musos?

Comentarios