Oroso inaugura a nova área de lecer da piscina municipal

Oroso inaugura a nova área de lecer da piscina municipal
Oroso inaugura a nova área de lecer da piscina municipal

Ademais da nova zona de lecer, xa están licitadas as obras para a construción da cuberta da piscina, valoradas en 210.475 euros e que comezarán en outubro, unha vez rematada a tempada estival

O Concello de Oroso inaugurou a nova área de lecer da piscina municipal, un proxecto incluído no proxecto de reforma conxunta do complexo para mellorar o servizo que lle presta aos veciños.

“Cada vez son máis os usuarios e as actividades que organizamos no complexo da piscina, polo que quixemos dotar ás instalacións de varias melloras, nesta área de lecer poderán descansar ou tomar algo”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Ademais da nova zona de lecer, xa están licitadas as obras para a construción da cuberta da piscina, valoradas en 210.475 euros e que comezarán en outubro, unha vez rematada a tempada estival. “Estamos renovando e mellorando o conxunto das infraestruturas do municipio”, afirma Mirás.

Para completar o proxecto de mellorado complexo, o grupo de goberno de Oroso fixo tamén reformas nos vestiarios e instalará nos próximos días unha pérgola ao carón da zona de lecer.

O pasado sábado, 1 de xuño, comezou a tempada de piscina. A campaña de 2018 foi un éxito, con centos de persoas participando nos cursos de natación e nas actividades organizadas polo Concello.

O exterior das instalacións é ademais cada verán o escenario de numerosos concertos, obras de teatro ou xogos infantís. “Os traballos que puxemos en marcha servirán para albergar máis actividades, ademáis de extender o uso da piscina a outras épocas do ano coa cuberta”, engade o alcalde de Oroso.

Comentarios