Cinco paseos de barrio grazas aos Centros Cívicos

Cinco paseos de barrio grazas aos Centros Cívicos
Cinco paseos de barrio grazas aos Centros Cívicos

Todos os paseos realizaranse en xornada de xoves e de 10:00 a 14:00 horas, aproximadamente, con saída dende a estatuta das Marías na Alameda

A Concellaría de Centros Cívicos organiza cinco paseos de barrio no marco do programa Vive o verán 2019. Estes roteiros son de balde e abertos á participación de calquera persoa adulta ou de menores acompañados.

Todos os paseos realizaranse en xornada de xoves e de 10:00 a 14:00 horas, aproximadamente, con saída dende a estatuta das Marías na Alameda, agás o previsto para o 12 de setembro, que partirá do parque Eugenio Granell. O primeiro dos roteiros terá lugar o xoves 13 de xuño pola carballeira do Banquete de Conxo. Esta ruta, de nivel fácil, ten unha duración aproximada de 9 quilómetros.

En xullo haberá tres paseos, o primeiro deles pola contorna do Sarela o xoves 4 de xullo (8 Km, nivel fácil). O 11 de xullo percorrerase a zona do Castriño de Conxo (9 Km, nivel medio) e o 18 de xullo pasearase pola zona da Trisca e de Belvís (5 Km, nivel fácil). O calendario de paseos pecharase o 12 de setembro cunha ruta do Sar (10 Km, nivel medio). 

Comentarios
Lo más