Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos nos campamentos de verán dos centros cívicos

Ábrese agora un prazo de formalización e pagamento que estará aberto do 6 ao 15 de xuño

A Concellaría de Centros Cívicos vén de publicar a listaxe definitiva para a actividade Mañás de verán nos centros cívicos urbanos, e para os campamentos nos centros cívicos do rural, incluídas no programa Vive o verán.

Ábrese agora un prazo de formalización e pagamento que estará aberto do 6 ao 15 de xuño. Ademais, a Concellaría de Centros Cívicos comunica a apertura dun novo prazo para cubrir as vacantes nos centros cívicos do rural: a partir do 5 de xuño e ata cubrir as prazas. As vacantes cubriranse por rigorosa orde de presentación do formulario da inscrición na conserxería do Centro Cívico do Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16). 

Comentarios
Lo más