O CSHG celebra hoxe os seus 25 anos cun foro sobre oportunidades ante o Xacobeo 2021

O CSHG celebra hoxe os seus 25 anos cun foro sobre oportunidades ante o Xacobeo 2021
O CSHG celebra hoxe os seus 25 anos cun foro sobre oportunidades ante o Xacobeo 2021

A terceira edición de Hotelforum, que é de asistencia gratuíta para público xeral, conmemorará este ano esta efeméride con actos especiais

O Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) festexará hoxe mércores o seu 25 aniversario no marco da terceira edición de HotelForum, o foro impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo orientado a estudantes e profesionais do sector turístico que este ano afondará nos retos e oportunidades do sector hoteleiro galego de cara ao Xacobeo 2021.

Desde as 10,00 horas, o Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acollerá o encontro no que participarán destacados profesionais do sector hoteleiro, moitos deles antigos alumnos do CSHG. Afondarán en cuestións como os desafíos e oportunidades que supón a convivencia dos canais de venda tradicionais ante a chegada do Big Data, a xestión da diversidade cultural e necesidades específicas dos distintos tipos de viaxeiros nos establecementos hoteleiros, a creación de novos modelos que diversifiquen a oferta  ou o peso da xestión económica e financeira na toma de decisións da empresa.

Na primeira das mesas redondas –centrada na comercialización hoteleira– contarase coa participación de Berta Gacho, de Meliá; Ainhoa Benavente, de Expedia Partner Solutions: José Enrique Lázaro, de World2meet, e  Pablo Guitián, de AC Hotels. Pola súa banda, Lucía Iglesias, de A Quinta da Auga; Héctor López, do Restaurante España; Sergio Delpont, do Restaurante O Sendeiro, e Vanesa Pradera, do Restaurante Lume participarán na mesa que coordinará Andrés Rumbo, experto en recursos humáns do CSHG, sobre a xestión da diversidade nos establecementos hoteleiros.

O programa de relatores completarase con Anxo Rodríguez, do Faro de Corrubedo; Lilian Ferral, do Parador de Monforte de Lemos; Jorge San Martín, do Hotel Monumento San Francisco; Annia Gonzar, do Hotel Bela Fisterra e Hostel Bela Muxía, ou Anxo Bernárdez, de Como en Casa, que afondarán na evolución do produto hoteleiro. No relatorio ao redor da xestión económica e financeira no sector participarán Paula Ferro, do Hotel Santa Justa Lisboa; Francisco Plaza do Parador de Baiona; Ana Domínguez, de Sol Meliá, Fernando Jalón de Reig Capital, e José Luis Sieira, experto en finanzas do CSHG.

Comentarios
Lo más