Afundación acolle a presentación da proposta gañadora do concurso de ideas do plan "Como na casa"

Afundación acolle a presentación da proposta gañadora do concurso de ideas do plan "Como na casa"
Afundación acolle a presentación da proposta gañadora do concurso de ideas do plan "Como na casa"

O acto celebrarase ás 11.00 h na Sede Afundación de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19)

Hoxe mércores 5 de xuño terá lugar a entrega dos Premios Como na casa e a presentación oficial da proposta gañadora deste concurso de ideas convocado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, no marco do convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para o plan Como na casa

O acto celebrarase ás 11.00 h na Sede Afundación de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19) e contará coa asistencia da Conselleira de Política Social, Fabiola García; o director xerente de Afundación, Pedro Otero; e os tres arquitectos galardoados, Elsa Urquijo co primeiro premio, Elisabeth Abalo co segundo premio, e Jordi Castro co terceiro.

A proposta gañadora realizada por Elsa Urquijo servirá de base para a redacción dos anteproxectos a partir dos que se elaborarán os proxectos e obras das novas residencias que se construirán nas sete grandes cidades galegas. A este capítulo a Obra Social de ABANCA destinará 200.000 euros. Estes equipamentos dotarán ás principais zonas urbanas de Galicia de 900 novas prazas de atención á dependencia, dentro do plan Como na casa da Xunta de Galicia.

Comentarios
Lo más