Oroso celebra este venres a VI Gala da Cultura e a entrega dos premios do Camiño Inglés

Oroso celebra este venres a VI Gala da Cultura e a entrega dos premios do Camiño Inglés
Oroso celebra este venres a VI Gala da Cultura e a entrega dos premios do Camiño Inglés

Os galardóns, repartidos en tres categorías (Investigación Pura, Diarios de Peregrinos e Categoría Xuvenil) nesta ocasión quedarán na súa maior parte en Galicia

Oroso celebra este venres ás 20.30 horas no centro cultural a VI Gala da Cultura, na que tamén se entregarán os premios aos gañadores do IV Certame Internacional de Investigación do Camiño Inglés.

Os galardóns, repartidos en tres categorías (Investigación Pura, Diarios de Peregrinos e Categoría Xuvenil) nesta ocasión quedarán na súa maior parte en Galicia, pero varios deles marcharán a Estados Unidos e a Inglaterra.

O concello de Oroso mantén estreitas relacións con colexios, entidades e autoridades do Condado de Durham, moi preto da fronteira de Escocia e onde nace o Camiño Inglés.

Nesa mesma gala entregaranse os premios aos seis gañadores (dous deles, ingleses) do concurso ‘Escríbelle unha carta a Cosme de Médicis’.

Este príncipe italiano estivo en Oroso hai exactamente 350 anos, feito que conmemora o Concello con diversos actos e a invitación aos seus escolares para rememorar aquel día, no que tiveron por veciño a ese peregrino nobre.

Comentarios