Éxito do Club de Patinaxe Artística Brión no IV Trofeo Rosaleira Vila de Mos
15:05 07/06/19
15:05 07/06/19
Catro podiums para os Grupos de Show adestrados por Natis e Andrea
O Club de Patinaxe Artística Brión logrou o pasado domingo 2 de xuño dous primeiros postos e dous segundos postos no IV Trofeo Rosaleira Vila de Mos. As patinadoras máis novas subíronse o máis alto do podium, proclámandose campioas en Grupos Show Primaria coa coreografía Florecer e en Cuartetos Primaria coa coreografía Música.
As máis veteranas do club lograron 2 segundos postos en Grupos Show Secundaria coa coreografía Lycanthropos e en Cuartetos Secundaria coa coreografía Maxia.
As patinadoras, adestradas por Natis e Andrea, realizaron unhas estupendas execucións das súas coreografías, mostrando unha gran calidade técnica e interpretación.