O BNG de Ordes propón a creación dun horto solar no concello

O BNG de Ordes propón a creación dun horto solar no concello
O BNG de Ordes propón a creación dun horto solar no concello

Vidal sinala que “a achega do concello pode sufragarse con cargo ao remanente de tesourería do exercicio orzamentario do ano 2018”

As citadas instalacións serían financiadas acolléndose a unha subvención promovida pola Xunta de Galicia.

Esta iniciativa xa figuraba nunha das propostas que os nacionalistas fixeran para os presupostos municipais do ano 2019, mais o goberno municipal non incluíu partida orzamentaria algunha destinada a tal fin.

Pablo Vidal, voceiro do BNG de Ordes, expón que “ven de publicarse no DOG unha subvención da Xunta de Galiza para apoiar instalacións de xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos, podendo ser beneficiarias de ditas axudas as administracións locais”.

Vidal sinala que “a achega do concello pode sufragarse con cargo ao remanente de tesourería do exercicio orzamentario do ano 2018”, manifestando ademais que “trátase dunha instalación beneficiosa para o concello, posto que ademais de contribuír a reducir emisións mediante enerxías renovables, conséguese por outra banda xerar ingresos para as arcas municipais procedentes da enerxía xerada”.

Os nacionalistas propoñen crear o horto solar na cuberta do edificio anexo á antiga casa consistorial e/ou nas instalacións deportivas coas que conta o concello de Ordes.

Comentarios