Rescatan a un condutor despois dun accidente no seu vehículo na Golada

Rescatan a un condutor despois dun accidente no seu vehículo na Golada
Rescatan a un condutor despois dun accidente no seu vehículo na Golada

O sinistro produciuse minutos antes das nove desta mañá, tal e como indicou unha persoa que chamou ao 112 Galicia para dar conta dun camión cargado de pacas que se saíu da vía e meteuse nunha silveira

A situación na que quedou o camión tras saírse da vía complicou o rescate do condutor, que estivo consciente en todo momento e necesitou da axuda dun guindastre especial para, finalmente, saír do vehículo.

De igual modo, as complexas labores de rescate dificultaron a circulación pola N-640, no punto quilométrico 152, ao paso polo concello pontevedrés de Agolada.

O sinistro produciuse minutos antes das nove desta mañá, tal e como indicou unha persoa que chamou ao 112 Galicia para dar conta dun camión cargado de pacas que se saíu da vía e meteuse nunha silveira. A situación na que quedou o vehículo complicou o rescate do condutor, que estivo en todo momento consciente e atendido polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e os Bombeiros do Deza.

Sen embargo, foi necesaria a intervención dun guindastre especial para poder mover o camión e liberar, finalmente, ao condutor cando chegaba o mediodía.

Mentres duraron estes traballos, a circulación pola zona debeu regularse, xa que o camión ocupaba dous dos tres carrís da estrada. Con todo, para recuperar as condicións de seguridade na vía, actuaron no punto o persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento e a carga do camión foi recollida por outro vehículo.

Comentarios