Xuventude firma un convenio co Centro Británico de Santiago para os mozos que teñan o Carné Xove

Xuventude firma un convenio co Centro Británico de Santiago para os mozos que teñan o Carné Xove
Xuventude firma un convenio co Centro Británico de Santiago para os mozos que teñan o Carné Xove

As mozas e mozos titulares da tarxeta poderán obter un desconto do 10% nos cursos intensivos de inglés que ofrece no verán

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, vén de informar que o programa Carné Xove suma como establecemento adherido ao Centro Británico de Idiomas de Santiago de Compostela e Milladoiro. Este feito permitirá ás mozas e mozos usuarios desfrutar dun desconto do 10% nos cursos intensivos de inglés que pon en marcha este centro no verán para a preparación de exames oficiais.

O Carné Xove é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición das persoas de entre 12 e 30 anos coa que se obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40  países europeos adheridos ao programa do Carné Xove.

Así mesmo, a día de hoxe preto de 43.000 persoas desfrutan dos beneficios deste programa na nosa comunidade. Ademais, conta con 3112 establecementos colaboradores, dos cales máis dunha decena sumáronse ao programa este mesmo ano.

Cómpre lembrar que os mozos e mozas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, terán dereito á expedición gratuíta deste carné. Así como as persoas vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas.

Comentarios