Dous motoristas resultan feridos tras chocar en San Cibrao das Viñas

Dous motoristas resultan feridos tras chocar en San Cibrao das Viñas
Dous motoristas resultan feridos tras chocar en San Cibrao das Viñas

Ocorreu pasadas as seis desta tarde na N-525 ao paso pola localidade ourensá de San Cibrao das Viñas

O 112 Galicia tivo coñecemento doutro accidente no que se viron implicados dous motoristas. Ocorreu pasadas as seis desta tarde na N-525 ao paso pola localidade ourensá de San Cibrao das Viñas, onde dúas motos colidiron entre si e resultaron feridos ambos os dous condutores. 

Para a atención dos implicados no accidente, o persoal do 112 puxo os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios de urxencia, membros do GES de Pereiro de Aguiar e Garda Civil de Tráfico.

Comentarios
Lo más