Unha ciclista é evacuada en helicóptero despois de sufrir un accidente

Unha ciclista é evacuada en helicóptero despois de sufrir un accidente
Unha ciclista é evacuada en helicóptero despois de sufrir un accidente

O accidente ocorreu no lugar de San Cibrao, ao fío das 21:10 horas

Unha ciclista resultou ferida de consideración a pasada noite en Oímbra ao caer da bicicleta que manexaba. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, debido á gravidade das súas lesións, a muller tivo que ser trasladada no helicóptero medicalizado con base en Ourense a un centro hospitalario.

O accidente ocorreu no lugar de San Cibrao, ao fío das 21:10 horas. Nese momento, unha persoa particular alertaba do sucedido ao 112 Galicia.

A partir de aí, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriu a intervención do 061-Urxencias Sanitarias e da Garda Civil de Tráfico. Ademais, desde o CIAE pasouse o aviso aos Bombeiros de Verín.

Comentarios
Lo más