A USC eliminará a obrigatoriedade de acreditar un nivel B1 nun idioma para obter un título universitario

A USC eliminará a obrigatoriedade de acreditar un nivel B1 nun idioma para obter un título universitario
A USC eliminará a obrigatoriedade de acreditar un nivel B1 nun idioma para obter un título universitario

En outubro de 2015 a valedoría fixo unha recomendación á Universidade de Santiago como conclusión da queixa enviada por un particular que despois foi levada ao tribunais 

A Universidade de Santiago de Compostel eliminará a obrigatoriedade de acreditar o nivel B1 de coñecemento dun idioma estranxeiro como condición para obter o grao universitario. Unha recomendación emitida pola Valedora do Pobo en 2015 que abriu o camiño para facer efectiva esta medida.

En outubro de 2015 a valedoría fixo unha recomendación á Universidade de Santiago como conclusión da queixa enviada por un particular. A resolución instaba ao ente académico a “adoptar as medidas necesarias para corrixir a situación creada pola esixencia de superar créditos non incluídos nos planos de estudos verificados, aprobados e publicados oficialmente, en particular, a acreditación dun nivel B1 dunha lingua estranxeira”. Aínda que a recomendación foi aceptada pola universidade, a falta de efectividade fixo chegar o asunto aos tribunais que en sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de 21 de marzo deu a razón ao recorrente.

Con atención a estes precedentes, fontes da Universidade de Santiago veñen de confirmar que se eliminará o requisito de idioma para a obtención do título con carácter retroactivo, tal e como se decidiu nun dos últimos consellos de goberno desta universidade.

Desde a valedoría considérase unha vez máis que non cabe supeditar a expedición dun titulo universitario oficial a esixencias de coñecementos transversais á marxe do plan de estudos oficial. O feito de que as memorias dos títulos obviasen este condicionante no momento de elixir os estudos deixaba en situación de indefensión aos estudantes que viñan de investir tempo e cartos en adquirir eses coñecementos.

Comentarios