En Marea presenta 10 medidas para garantir o futuro da industria electrointensiva e baixar o recibo da luz

En Marea presenta 10 medidas para garantir o futuro da industria electrointensiva e baixar o recibo da luz
En Marea presenta 10 medidas para garantir o futuro da industria electrointensiva e baixar o recibo da luz

Luís Villares: "O Estado debería ter preparada a posibilidade de intervención temporal de Alcoa se non atopa comprador"

O grupo parlamentario En Marea presentou hoxe as 10 medidas para garantir o futuro da industrial electrointensiva galega e baixar o recibo da luz a empresas e familias. Para o voceiro de En Marea, Luís Villares trátase de suplir esa situación de "estar á expectativa" que recoñece a Xunta con respecto a Alcoa e Ferroatlántica, "mentres os prezos da enerxía están asfixiando as industrias electrointensivas e supoñen unha estafa ao final de cada mes unha estafa ás familias galegas e do resto do Estado".

"A nosa economía está perdendo posicións no ranking sectorial industrial", sinalou Villares en referencia á caída do 14% do Indice de Produción Industrial. "Cando hai unha situación de desastre os gobernos non poden permanecer á expectativa, por iso a iniciativa que non ten o goberno esta suplíndoas En Marea con iniciativas de tipo autonómico e estatal".

Entres as medidas propostas destacan a esixencia nos documentos de venda de Ferroatlántica a garantía de competitividade das factorías de Cee e Dumbría, incluíndo o uso de autoconsumo das súas propias centrais hidroeléctricas para asegurar un prezo de enerxía competitivo. Ademais, En Marea plantexa un plan de recuperación das concesións hidroeléctricas caducadas ou a piques de caducar nos vindeiros anos, para seren xestionados por un novo ente "Electricidade de Galicia".

"O Estado debería ter preparada a posiblidade de intervención temporal da factoría , se no atopa comprador", engadiu Villares referíndose a Alcoa, pois segundo lembrou esa fórmula xa se ten ensaiado por exemplo en Italia, con referendo dos tribunais da UE.

Pola súa banda, o deputado Francisco Casal destacou a supresión de 5 bloques de 40MW na vindeira poxa de interrumpibilidade, 2 deles para Alcoa A Coruña e 1 para Ferroatlántica, o que cualificou de "absoluta irresponsabilidade". Nese seno, propuxo subastar no mes de setembro a reserva suspendida destes cinco bloques, unha vez quede clarificada a situación das dúas empresas.

Casal insistiu na creación da tarifa ARENHH (Acceso Regulado a Electricidade Nuclear e Hidráulica) e na adxudicación inmediata de 200M€ previstos para compensación dos custes indirectos por dereitos de emisión de CO2. Ademais, reclamou convocatorias extraordinarias de licenzas de parques eólicos coa obriga de subscribir contratos bilaterais a prezo taxado e longa duración con industrias electrointensivas, circuitos pechados de distribución, e comercializadoras públicas ou con participación pública.

Finalmente, En Marea propón axudas públicas para a implantanción xeralizada no rural de microcentrais hidroeléctricas sen impacto ambiental e un control público da rede de distribución eléctrica cun sistema similar ao transporte de alta tensión. 

Comentarios