Rescatan a un condutor de Ponteceso despois de envorcar o seu camión

Rescatan a un condutor de Ponteceso despois de envorcar o seu camión
Rescatan a un condutor de Ponteceso despois de envorcar o seu camión

Segundo o relato do alertante, o condutor do camión necesitaba axuda ao quedar atrapado tras envorcar co seu vehículo na estrada de Carballo a Ponteceso

O condutor dun camión de obras resultou ferido esta mañá en Ponteceso despois de que o vehículo no que circulaba envorcase en Ponteceso. Segundo puido saber o 112 Galicia, o home tivo que ser excarcerado e evacuado en helicóptero ao Centro Hospitalario Universitario da Coruña.

Foi unha persoa particular quen contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para informar do accidente poucos minutos despois das 10:00 horas.

Segundo o relato do alertante, o condutor do camión necesitaba axuda ao quedar atrapado tras envorcar co seu vehículo na estrada de Carballo a Ponteceso ao paso pola parroquia de Tella.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do persoal sanitario que mobilizaron a aeronave medicalizada con base en Santiago ademais, informouse do sucedido aos Bombeiros de Carballo, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e membros do GES de Ponteceso. Tamén se informou á Policía Local e Protección Civil da localidade.

Mentres duraron estes traballos, a circulación pola zona viuse interrompida, xa que o camión ocupaba os carrís da estrada. Con todo, para recuperar as condicións de seguridade na vía, actuaron no punto o persoal de limpeza e mantemento debido a perda de combustible carga do vehículo.

Comentarios
Lo más