Miguel Tellado volve apostar na “proposta sensata e razoable” para que goberne a lista máis votada

Miguel Tellado volve apostar na “proposta sensata e razoable” para que goberne a lista máis votada
Miguel Tellado volve apostar na “proposta sensata e razoable” para que goberne a lista máis votada

Respecto da postura de Ciudadanos en Ourense, o viceportavoz popular cualificou de “cortina de fume para tratar de branquear que o seu primeiro acordo de goberno en Galicia sexa cos nacionalistas e os socialistas"

O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, incidiu esta mañá “na proposta sensata e razoable que fixemos ao Partido Socialista en Galicia para que goberne nos concellos e deputacións a lista que tivo o maior número de votos dos cidadáns”, e avanzou que “se o PSOE non está de acordo en aceptar esta norma, estamos dispostos a deixar que cada candidato pacte con quen queira”.

Respecto a Ciudadanos, Tellado cualificou as súas declaracións sobre a situación de Ourense como “cortina de fume para tratar de branquear que o seu primeiro acordo de goberno en Galicia non vai a ser co PP, senón cos nacionalistas e os socialistas”.

Miguel Tellado sinalou que “temos que incidir na proposta de acordo que xa mandamos aos socialistas nestes últimos días, porque non tivemos resposta ou non se queren pronunciar”. “O lóxico en democracia é que goberne o que gana, polo que entendemos lóxico que o PSOE goberne no Concello de Ourense, como en Vigo ou en Santiago; e o PP goberne na Deputación de Ourense, do mesmo xeito que en Ferrol, A Coruña ou Lugo”, indicou.

“As regras de xogo deben ser idénticas para todos os partidos, polo que defendemos que gobernen os que ganan as eleccións”, sinalou o viceportavoz popular, quen sinalou que “agora nos gustaría escoitar unha resposta por parte do secretario xeral dos socialistas galegos para dar o debate por superado”.

Respecto á postura de Ciudadanos tanto no Concello como na Deputación de Ourense, Tellado considerou que “o único que intentan é vetar o debate real: na primeira ocasión que teñen de pactar gobernos en Galicia, pretenden facelo con nacionalistas e socialistas”. “Esa é a verdade das cousas e non estamos dispostos a entrar no xogo das medidas verdades”, dixo.


Comentarios