O Concello e o Monbús Obradoiro-Fundación Heracles promoveron o baloncesto nos colexios de Ordes

O Concello e o Monbús Obradoiro-Fundación Heracles promoveron o baloncesto nos colexios de Ordes
O Concello e o Monbús Obradoiro-Fundación Heracles promoveron o baloncesto nos colexios de Ordes

O principal obxectivo é o fomento desta modalidade deportiva no ámbito da poboación estudantil ordense con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos

Na mañá de onte os nenos e nenas de primaria dos colexios Castelao, Campomaior e O Mesón do Vento recibiron a visita de dous integrantes do Monbús Obradoiro-Fundación Heracles cos que, ademais de manter un rato de charla, tamén puideron lanzar a canastra.

O principal obxectivo é o fomento desta modalidade deportiva no ámbito da poboación estudantil ordense con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos. Unha medida que, tanto por parte do Concello de Ordes como pola do Monbús Obradoiro-Fundación Heracles, se espera que derive na posta en marcha da actividade de baloncesto ao nivel de categorías base.

Para apoiar esta medida ata os centros escolares desprazáronse o alcalde de Ordes e as concelleiras de Deportes e Educación en funcións. Tamén estivo presente Abel Blanco, quen pasará a formar parte do equipo de Goberno nas vindeiras datas.

Comentarios