Representantes de Fomento visitan Sigüeiro para anunciar do comezo das obras da nova glorieta na praza da Foca

Representantes de Fomento visitan Sigüeiro para anunciar do comezo das obras da nova glorieta na praza da Foca
Representantes de Fomento visitan Sigüeiro para anunciar do comezo das obras da nova glorieta na praza da Foca

As obras suporán unha importante mellora na desconxestión do tráfico na estrada N-550 o seu paso por Sigüeiro

O Concello de Oroso recibiu onte a visita de Eduardo Toba, representante do Ministerio de Fomento, para visitar sobre o terreo a ubicación onde a curto prazo se comezará a construír a nova glorieta na praza da Foca.

As obras suporán unha importante mellora na desconxestión do tráfico na estrada N-550 o seu paso por Sigüeiro. Eduardo Toba e o director de obra informaron o alcalde, Manuel Mirás, e aos membros do equipo de goberno do bo ritmo que seguen os trámites da obra, xa adxudicada provisionalmente e que se prevé que comece nun prazo máximo de dous meses e medio.

Ademais, Fomento encargarase do traslado da Fonte da Foca o seu lugar de orixe, onde xa estivo orixinariamente.

Tamén se tratou o adecentamento da ponte de Sigüeiro, onde se substituirá a bionda existente por outra máis moderna, se restaurará a barandilla e tamén sufrirán unha remodelación as beirarrúas, adaptándoas aos requerimentos do Consello Asesor do Camiño de Santiago, dependente de Patrimonio. Esta actuación reforzará a seguridade dos peóns e dos peregrinos.

Comentarios