Os populares de Santiago marcan a súa estratexia política para os vindeiros catro anos

Os populares de Santiago marcan a súa estratexia política para os vindeiros catro anos
Os populares de Santiago marcan a súa estratexia política para os vindeiros catro anos

Nesta xuntanza, na que estiveron presentes os oitos concelleiros electos, destacouse que se continuará coa estrutura dos pasados anos, tendo por obxectivo principal manter “un estreito contacto coa veciñanza”

O novo Grupo Municipal Popular mantivo onte a súa primeira reunión de equipo, onde se deseñaron o que serán as liñas estratéxicas para os vindeiros catro anos. Esta nova fase suporá “a creación dun Goberno paralelo que se encargue de fiscalizar o funcionamento do novo equipo de Goberno que se constitúa o vindeiro sábado 15 de xuño”.

O grupo que dirixe Agustín Hernández, que resultou escollida a forza maioritaria da oposición no consistorio santiagués, pon de manifesto a dificultade que terá o equipo do PSdG para gobernar a cidade, posto que so ten 10 concelleiros dun total de 25, o mesmo número que tivo Compostela Aberta no mandato que agora remata”. En estas circunstancias, o partido do señor Bugallo terá un goberno debilitado, que non poderá acadar un proxecto claro de cidade, unha cuestión que non parece preocuparlle.

O que tamén supón unha importante sorpresa e que aínda lle preocupa menos que o seu “goberno en minoría verase na obriga de pactar coas Mareas de Podemos, algo que significará máis do mesmo, co que, como reiteran os Populares, será imposible conseguir os obxectivos que ten a cidade”.

Os novos concelleiros Populares centrarán esta nova etapa en defender os intereses de todos os veciños da cidade e no esforzo en facer que Santiago recupere o peso que nunca debeu perder. Para elo, farán unha oposición esixente pero construtiva e positiva, que permita acadar os retos principais da capital de Galicia.

O Grupo Municipal Popular insistiu en que serán “moitos os pasos que se teñen que dar para lograr que a capital de Galicia volva a ser unha cidade na que as iniciativas e os investimentos atopen o lugar adecuado para o seu desenvolvemento”.

Nesta xuntanza, na que estiveron presentes os oitos concelleiros electos, destacouse que se continuará coa estrutura dos pasados anos, tendo por obxectivo principal manter “un estreito contacto coa veciñanza”, para coñecer as iniciativas e necesidades que sirvan para mellorar o Concello.

Comentarios