Investigan a unha muller que provocou un incendio pola queima de restos forestais en Pontevedra

Investigan a unha muller que provocou un incendio pola queima de restos forestais en Pontevedra
Foto de arquivo
Investigan a unha muller que provocou un incendio pola queima de restos forestais en Pontevedra

O lume orixinouse pola neglixencia da investigada, ao escaparlle unha queima de restos forestais, carecendo do correspondente permiso

Axentes da Policía Autonómica en colaboración con axentes forestais veñen de esclarecer un incendio forestal ocorrido no concello de Pontevedra, coa identificación da presunta autora.

Os Policías integrantes do Grupo de Investigación de Incendios da Sede Provincial desta Unidade en Pontevedra, en colaboración con Axentes Forestais do Distrito XIX, procederon a tomar declaración como investigada a unha muller, presunta autora dun incendio ocorrido o pasado día 3 de xuño deste ano, na parroquia de Bora, concello de Pontevedra, no que arderon 0,9 hectáreas de superficie arborada.

O lume orixinouse pola neglixencia da investigada, ao escaparlle unha queima de restos forestais, carecendo do correspondente permiso, sen cumprir as medidas de seguridade pertinentes, posibilitando así que o lume se propagara.

As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Pontevedra.

Na actual campaña contra incendios forestais do 2019, un total de 48 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.

Comentarios