O Gaiás acolleu o encontro "Voluntariado Miúdo" con máis de 200 cativos presentes

O Gaiás acolleu o encontro "Voluntariado Miúdo" con máis de 200 cativos presentes
O Gaiás acolleu o encontro "Voluntariado Miúdo" con máis de 200 cativos presentes

O proxecto pretende poñer en valor o traballo en educación en valores que promove o alumnado con aooio dos mestres

O luns 10 de xuño tivo lugar o o encontro de Voluntariado Miúdo promovido pola Dirección Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado, onde máis de 200 alumnos e alumnas de sete centros de educación primaria compartiron experiencias e proxectos solidarios e de acción voluntaria ao longo de toda a xornada.

O proxecto de Voluntariado miúdo contou coa presenza na súa inauguración da Conselleira de Política Social Fabiola García e a Directora Xeral de Xuventude Participación e Voluntariado Cristina Pichel, que puxeron en valor o traballo en educación en valores que promove o alumnado co apoio do seu profesorado, a través do voluntariado miúdo.

A xornada contou con tres espazos principais. O primeiro de presentación de experiencias onde se coñeceron proxectos vencellados a protección de animais e a organización pro parte do alumnado dunha carreira solidaria inclusiva.

Posteriormente tivo lugar un espazo interactivo aberto, no que de xeito dinámico o alumnado compartiu os seus proxectos solidarios de xeito simultánea a través de xogos, dinamizacións teatrais, circuitos, obradoiros artísticos, etc…

Tralo xantar o alumnado puido disfrutar dun fenomenal concerto de Paco Nogueiras, que interpretou dentro do seu concerto o tema “móvete”, creado expresamente por Paco Nogueiras para este programa.

A empresa Arelar Xestión Socioeducativa foi a encargada da coordinación técnica da Xornada, que serviu de colofón ao traballo realizado polos centos educativos ao longo deste curso escolar.

Comentarios
Lo más