A Audiencia absolve a unha acusada de raptar a unha muller en Ourense para roubarlle

A Audiencia absolve a unha acusada de raptar a unha muller en Ourense para roubarlle
A Audiencia absolve a unha acusada de raptar a unha muller en Ourense para roubarlle

Tras retela varias horas dando voltas e ameazala, segundo a denuncia, cominárona a entrar nunha sucursal bancaria e a retirar 3.000 euros

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense absolveu por falta de probas a unha sospeitosa de obrigar, en xuño de 2015 e xunto a outras persoas non identificadas, a introducirse nun vehículo a unha muller cando se atopaba nunha rúa de Ourense. Tras retela varias horas dando voltas e ameazala, segundo a denuncia, cominárona a entrar nunha sucursal bancaria e a retirar 3.000 euros.

“Non existe proba de cargo suficiente que permita declarar acreditados o feitos obxecto de acusación, así como a participación da acusada nos mesmos, razón pola que procede ditar sentenza absolutoria ao seu favor”, indica a Audiencia. Os maxistrados sinalan que só contan coa versión da denunciante, que ten contradicións, ao que debe engadirse a falta de corroboracións periféricas que permitan acreditar o seu relato.

Comentarios