A aula CeMIT de Ribeira organiza novos cursos sobre a venta por Internet e a factura da luz

A aula CeMIT de Ribeira organiza novos cursos sobre a venta por Internet e a factura da luz
A aula CeMIT de Ribeira organiza novos cursos sobre a venta por Internet e a factura da luz

En ambos casos a inscrición pódese formalizar na propia Aula CeMIT situada na rúa 1 Cubeliño, baixo, por teléfono no 981 876 043

Aula CeMIT de Ribeira traerá novos cursos gratuítos este mes de xuño para que a veciñanza do municipio poida seguir aprendendo recursos ligados coas novas tecnoloxías.

Por unha banda, do 18 ao 27 de xuño, todos os martes e xoves de 10.30 a 12.30 horas desenvolverase unha acción formativa titulada: “Non tires nada. Véndeo a través de Internet”. E por outra, do 17 ao 26, todos os luns e mércores de 10.30 a 12.30 horas, haberá outra proposta baixo a denominación de “Accede a túa factura da luz a través da Internet (dende o ordenador e o móbil)”.

En ambos casos a inscrición pódese formalizar na propia Aula CeMIT situada na rúa 1 Cubeliño, baixo, por teléfono no 981 876 043 ou ben no seguinte enderezo electrónico: https://cemit.xunta.gal/es/centro/67.

Comentarios
Lo más