Lousame acolle unha charla informativa sobre a xestión da biomasa na parroquia de Tállara

Lousame acolle unha charla informativa sobre a xestión da biomasa na parroquia de Tállara
Lousame acolle unha charla informativa sobre a xestión da biomasa na parroquia de Tállara

Os propietarios das parcelas situadas nas faixas das aldeas de Tállara poderán optar por que o sistema público se faga responsable da xestión

O Concello de Lousame convoca aos veciños e veciñas da parroquia de Tállara a unha charla informativa que terá lugar hoxe mércores 12 de xuño, ás 12:30 horas, na Casa da Cultura lousamiá. Unha charla que xurde despois de que a parroquia de Tállara fose seleccionada para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa en faixas secundarias, en virtude do convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra os lumes forestais.

Deste xeito, os propietarios das parcelas situadas nas faixas das aldeas da parroquia de Tállara que desexen que o sistema públio se faga responsable da xestión da biomasa das súas parcelas poderán facelo a través do Concello de Lousame, mediante a sinatura dun contrato de xestión da biomasa.

Contratando o sistema público, o custe para os propietarios será de 350 euros por hectárea e ano, unha cantidade que se entende inferior aos custes económicos totais das actividades prestadas. Así, estímase que para unha parcela media de 1.000 m2 a tarifa oscilará entre os 35 e os 42 euros. Se o custe real da limpeza fose superior a esa cifra por hectárea, o propietario non tería que pagalo.

Comentarios