Ribeira xa expide o carné único da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Ribeira xa expide o carné único da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
Ribeira xa expide o carné único da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Dende onte xa se pode solicitar na biblioteca municipal do concello

A Biblioteca de Ribeira informa de que xa é posible obter nesta instalación situada na rúa Manuel Lustres Rivas, 20, o carné único da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia logo da adquisición do equipamento necesario para poder imprimir no momento este documento, válido para ser utilizado nos máis de 350 centros adheridos a esta rede baixo a organización da Concellería de Cultura e Turismo.

O concelleiro de Educación de Ribeira, David Fernández, fixo os honores de recibir o primeiro carné impreso na biblioteca riveirense.

Comentarios