Campamento de verán do Club Patinaxe Galia

Campamento de verán do Club Patinaxe Galia
Campamento de verán do Club Patinaxe Galia

Unha actividade da que poderán formar parte tanto os membros do club como aqueles rapaces e rapazas de 3 a 17 anos que estean interesados

O Club de Patinaxe Galia vén de abrir a inscrición para asistir ao seu campamento de verán, o cal se desenvolverá do 1 ao 15 e do 16 ao 30 de xullo en Ordes, concretamente no pavillón Campomaior.

Unha actividade da que poderán formar parte tanto os membros do club como aqueles rapaces e rapazas de 3 a 17 anos que estean interesados. As clases desenvolveranse de luns a venres de 10 a 14 horas. Entre elas figuran sesións de patinaxe, preparación física, danza, coreografía, traballos manuais e maquillaxe.

Para inscribirse ou solicitar calquera tipo de información pódese chamar ao teléfono 645871503 ou ben a través do correo electrónico clubpatinaxegalia@gmail.com. Cómpre lembrar que o número de prazas é limitado, polo que se aconsella tramitar a reserva o antes posible. 

Comentarios