Minuto de silencio polos últimos tres asasinatos machistas

Minuto de silencio polos últimos tres asasinatos machistas
Minuto de silencio polos últimos tres asasinatos machistas

Varios integrantes da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo das mulleres asasinadas

A praza do Obradoiro acolleu onte ao mediodía un minuto de silencio para condenar os tres últimos asasinatos machistas, acontecidos nas últimas 48 horas en Alboraia (Valencia), Ayamonte (Huelva) e Aranjuez (Madrid).

Varios integrantes da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo das mulleres asasinadas. Volveu así darse cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas. 

Comentarios