Os populares insisten no Parlamento que a mina de Touro debe ter un "estrito cumprimento da lei"

Os populares insisten no Parlamento que a mina de Touro debe ter un "estrito cumprimento da lei"
Os populares insisten no Parlamento que a mina de Touro debe ter un "estrito cumprimento da lei"

Moisés Blanco manifestou que “as autorizacións e licenzas de actividade de calquera proxecto empresarial non dependen, nin poden depender, de si nos gustan ou non"

O deputado do Grupo Popular Moisés Blanco insistiu o martes no Pleno do Parlamento que “a nosa postura respecto ao proxecto de reapertura da mina de Touro segue a ser a mesma que vimos mantendo desde o primeiro día: nin a favor nin en contra, tramitación ordinaria e absoluto e estrito cumprimento da lei e da normativa ambiental”.

Moisés Blanco manifestou que “as autorizacións e licenzas de actividade de calquera proxecto empresarial non dependen, nin poden depender, de si nos gustan ou non, de si está a xente a favor ou en contra ou nin sequera do que votan os veciños dos concellos afectados”.

MODIFICACIÓNS AO PROXECTO

“Depende única e exclusivamente do cumprimento da lei, neste caso unha lei aprobada polo Goberno bipartito de socialistas e nacionalistas; de respectar a tramitación administrativa en igualdade de condicións; e de atender aos informes feitos polos técnicos, traballadores públicos que desempeñan o seu traballo en liberdade e con profesionalidade en base á extensa e diferente normativa existente”.

Deste xeito, lembrou que “cos informes emitidos, a Xunta xa manifestou que o proxecto no era viable, sinalando que era preciso introducir modificacións para seguir coa tramitación, como así se está facendo, e non por favor extraordinario algún senón porque os promotores teñen dereito en cumprimento da lei”.

Comentarios
Lo más