Xornada sen cambios no día de hoxe

Xornada sen cambios no día de hoxe
Xornada sen cambios no día de hoxe

En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima os 17ºC

Non se agardan cambios significativos para o mércores, seguiremos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións e con aire frío nas capas altas da atmosfera.

Así, amenceremos con bancos de néboa a primeiras horas que darán paso a ceos alternando nubes e claros, con posibilidade de algún chuvasco ocasional. 

As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 8ºC e a máxima os 17ºC.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.

Comentarios