Caballero a Tellado: "Equivócase de destinatario, debería mandarlle a carta Casado"

Caballero a Tellado: "Equivócase de destinatario, debería mandarlle a carta Casado"
Caballero a Tellado: "Equivócase de destinatario, debería mandarlle a carta Casado"

Critica “a inconsistencia e o cinismo político” de Feijóo, que pasa de “aplaudir” o acordo do PP coa ultradereita en Andalucía e Madrid -onde o PSOE gañou as eleccións- a reclamar que goberne o máis votado

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou este martes “a inconsistencia e o cinismo político” do presidente do PPdeG, quen pasou de “aplaudir” o pacto do seu partido coa ultradereita en Andalucía a reclamar uns meses despois que ten que gobernar o partido máis votado.

Xustamente o día que coñecemos un novo acordo do PP con Vox en Madrid, a pesares de que o PSOE gañou nesa comunidade, o máximo dirixente dos socialistas galegos considerou que o PPdeG “equivocouse de destinatario” na carta que lle enviou.

“Se defenden que goberne o máis votado, debería mandarlla a Pablo Casado para que facilite a investidura de Pedro Sánchez”, sentenciou Gonzalo Caballero, ao tempo que xulgou que este tipo de misivas teñen máis que ver coa “desorientación” dun PP que quedou derrotado e fóra de xogo no escenario urbano galego.

Ao fío disto, o líder do PSdeG explicou que o PP foi “o grande derrotado” nas pasadas eleccións locais en Galicia, ao non acadar os votos necesarios para gobernar por si mesmo en ningunha das cidades. “E, cando unha forza non ten maioría suficiente, ten que acadar acordos para gobernar, é o abc da política nun sistema parlamentario”

GOBERNOS DE PROGRESO

E, tras deixar claro que os socialistas construirán gobernos de progreso alí onde sexa posible, tal e como estableceu o Comité Nacional Galego do PSdeG, Gonzalo Caballero remarcou que “a mensaxe dos electores foi clara” nas principais cidades de Galicia, ao outorgar a confianza maioritaria ás forzas de esquerdas.

Así, o PSdeG ten a lexitimidade de liderar os gobernos municipais de Vigo, Santiago, A Coruña, Lugo, Ferrol e Ourense, e nesa liña se está traballando con outras forzas de progreso. No caso de Ourense, estase explorando a mellor fórmula de gobernabilidade e, de non acadarse acordos que propicien maiorías no concello e na deputación, o sistema conduciría a que poida gobernar a lista máis votada.

Os socialistas queremos gobernos de progreso alí onde sexa posible, e plantexamos “un pacto pola rexeneración política” na Deputación de Ourense, pero os votos socialistas non son suficientes por si sós para acadar ese cambio político.

Comentarios