O PSOE de Teo retira a súa candidatura para alcaldía polo acordo entre SondeTeo e o BNG

O PSOE de Teo retira a súa candidatura para alcaldía polo acordo entre SondeTeo e o BNG
O PSOE de Teo retira a súa candidatura para alcaldía polo acordo entre SondeTeo e o BNG

Uxía Lemus xa non se presentará á elección como candidata á alcadía de Teo

Onte na reunión a tres bandas celebrada en Teo, entre as forzas de esquerda, Uxía Lemus anunciou a retirada da súa candidatura á Alcaldía, por responsabilidade coa cidadanía teense progresista, tras a decisión do BNG de apoiar a Rafael Sisto como próximo Alcalde.

Na anterior reunión, os negociadores de SondeTeo sinalaron que os seus concelleiros só votarían a favor da candidatura de Sisto, cuestión que o BNG sinalou onte na reunión como causa da súa decisión de apoio ao actual alcalde en funcións.

Na reunión do pasado mércores, o BNG sinalou que ante a presencia de dúas candidaturas ía someter a cuestión á súa asemblea, polo que se deron por suspendidas as negociacións, ata que o BNG amosase a súa disposición.

Onte os negociadores do BNG sinalaron que ante a posición de SondeTeo, non vían ningunha outra alternativa, aceptando a posición inamovible de Sisto, ante o cal os Socialistas decidiron non continuar coa candidatura, o que se comunicou nesa mesma reunión.

O PSOE de Teo insiste en defender durante todos estes días a candidatura de Uxía Lemus para a a Alcaldía, pero nunca formularon esta candidatura como ultimatum, e ante a posibilidade certa de que a alcaldía de Teo recaese finalmente no candidato do PP de Teo, Lemus sempre defendeu a prioridade dun goberno de esquerdas fronte a unha alcaldía socialista.

Esta prioridade non foi compartida por todas as forzas políticas de esquerda, e ante esta situación, o PSOE de Teo decidiu optar pola xa noutras ocasións amosada responsabilidade tanto con Teo como co electorado progresista do concello.

“O único compromiso firme chegados este punto é coa investidura”, sinalou Lemus, “e veremos como formar un goberno de esquerdas, non que non vai participar como xa anunciou na reunión de hoxe o BNG, quedando o goberno en minoría. Chegados este punto, parece o máis coherente que está a facer o BNG nesta negociación, con posturas prefixadas e con semiverdades/mentiras, cando ao mesmo tempo que se estaba a rematar a reunión a 3 bandas, estaban xa enviando unha nota de prensa sen dar opción a ningún tipo de negociación", asegurou a xa excandidata.

Comentarios